WP1: Coordinación e administración
DATAlife proporcionará a metodoloxía e as ferramentas para a coordinación do proxecto, a presentación de informes á Comisión Europea e a evaluación, incluídas as revisións da calidade dos servizos por parte dos pares, expertos e outros EDIHs.
WP2: Comunicación e diseminación
Neste paquete de traballo apostarase por darlle visibilidade ás actividades e servizos do proxecto EDIH DATAlife, garantizando unha comunicación e difusión adecuadas entre os grupos destinatarios obxectivos.
WP3: Relacións e creación de redes coa UE
Dedicarase a establecer e maximizar conexións a nivel europeo, coa participación de DATAlife en actividades de DTA e naquelas organizadas polas redes nas que colaboran os seus membros.
WP4: Proba antes de invertir
Céntrase na dispoñibilidade das principais infraestruturas para probar, demostrar, validar e implementar solucións dixitais en IA, HPC, IoT e analítica de datos en empresas rexionais e outros axentes de innovación para aumentar a súa madurez dixital e desenvolver novas aplicacións para as cadeas de valor seleccionadas.
WP5: Formación e competencias dixitais
Servirá para aumentar as habilidades e coñecementos de tecnoloxías disruptivas nos sectores de interese do proxecto EDIH DATAlife, a través dunha oferta formativa deseñada para satisfacer as necesidades específicas da man de obra galega.
WP6: Ecosistema e redes
Mellorará o coñecemento de tecnoloxías dixitais e a adopción de estratexias dixitais dende un punto de vista sectorial, basado en necesidades reais e diagnósticos, apoiando ás autoridades para desenvolver políticas e estratexias. Axudará ás pemes con necesidades de dixitalización a atopar provedores de solucións.
WP7: Apoio ás empresas
Promoveremos o uso dos fondos dispoñibles para a dixitalización, tanto públicos como privados, a través do apoio de tutorías dos membros do proxecto EDIH DATAlife e aumentando a madurez do mercado das innovacións e o seu potencial de creación de mercado.