Obradoiros á dixitalización: Industria 4.0 (2021) IGAPE

DATAlife prepara unha serie de obradoiros para esta convocatoria e gustaríalle recibir ofertas de potenciais proveedores que nos axuden a facelos realidade. Ahí van as nosas ideas:

  • Dixitalización do laboratorio.
  • Dixitalización de agrogandería.
  • Dixitalización da Residencia para Maiores.
  • Sostibilidade apoiada na dixitalización.
  • Certificacións selos de calidade apoiados na dixitalización.

E como queremos facelo? Cada obradoiro constará das seguintes accións para os participantes nos proxectos, acompañados dos seguintes entregables:

  1. Diagnósticos individuais de madurez dixital, que se poden realizar na nosa plataforma
  2. Diagnósticos individuais de necesidades e obxectivos
  3. Lista de ferramentas xa empregadas e das que se poderían empregar
  4.  Seminarios web ou talleres para explicar tecnoloxías, resolver dúbidas, etc.
  5.  Informes individuais para cada empresa, con correspondencia entre os seus diagnósticos e ferramentas

 

Queres aportar a túa experiencia na organización dun ou varios dos obradoiros propostos? Agardamos as vosas propostas técnicas e económicas para cada obradoiro, que estaremos encantadas de recibir no email a info@dihdatalife.com.

Obradorios e axudas