Dende o equipo de DATAlife estamos preparando un novo obradoiro para a convocatoria 2022 de Obradoiros e axudas á dixitalización da industria 4.0 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Para sacalo adiante, estamos abertos a recibir ofertas de potenciais provedores que nos axuden.

Para esta nova convocatoria, pensamos nun obradoiro centrado no tema dos datos vinculados coas cadeas de valor do Hub. Queremos axudar ás pemes a xestionar mellor a información, automatizar procesos, sacarlle rendemento con ferramentas avanzadas e compartilos de maneira segura e fiable.

Os provedores interesados deberán ter en conta:

  • O número mínimo de empresas que deben asistir a todas as accións é de 6. Terase en conta a capacidade do ofertante para mobilizar empresas.
  • O número de reunións (presenciais ou online) mínimo para cumprir os requisitos da convocatoria.
  • O axustado dos prazos de execución e xustificación deste ano (ata maio de 2023!)

A proposta debe contar cos seguintes entregables:

  • Diagnósticos individuais de madurez dixital segundo o Cuestionario JRC.
  • Diagnósticos individuais de xestión da información/datos.
  • Identificación de necesidades e obxectivos.
  • Lista de ferramentas xa empregadas.
  • Seminarios web ou obradoiros para explicar tecnoloxías, resolver dúbidas, etc.
  • Informes individuais para cada empresa, con correspondencia entre os seus diagnósticos, plans de acción e potenciais fontes de financiamento.
  • Documentación necesaria para a xustificación da axuda.

Queres aportar a túa experiencia na organización do obradoiro?

Para poder formar parte deste, podedes enviar as vosas propostas técnicas e económicas á nosa dirección de correo electrónico: info@dihdatalife.com.

Podes consultar o noso traballo durante a pasada edición dos Obradoiros aquí: https://www.dihdatalife.com/obradoiros-de-digitalizacion-igape/

O prazo de recepción de propostas remata o 31 de agosto.