FEUGA e DATAlife organizan o próximo mércores 24 de abril ás 10:30 un webinar sobre os servizos de consultoría especializada en Propiedade Intelectual e Industrial que a Fundación realizada dentro do proxecto EDIH DATAlife.
- Eres unha entidade interesada en protexer as túas innovacións?
- Desexas comprender máis sobre a Propiedade Intelectual e Industrial e as mellores vías de protección para os teus avances tecnolóxicos?
- Estás evaluando a viabilidade de protexer a túa marca?
- Gustaríache explorar máis sobre os teus competidores, mercados ou identificar posibles socios estratéxicos?
FEUGA, como parte do proxecto EDIH DATAlife, invítache a un webinar especializado nos servizos de consultoría que ofrece. Dende o iHUB de FEUGA proporciónanse servizos de formación e asesoramento adaptados ás túas necesidades e intereses. Isto inclúe obradoiros sobre IP, estratexias de protección e o seu impacto no modelo de negocio, así como análises especializadas do estado da arte en patentes, rexistros de marcas, evaluación de viabilidade e moito máis!
O mellor de todo? Estes servizos poden ser financiados ao 100% a través do proxecto EDIH DATAlife, deseñado para impulsar a dixitalización das pemes en Galicia. O webinar estará aberto a todos os socios do proxecto, os seus asociados e calquera entidade interesada na materia.
Non perdas esta oportunidade única de aprender a protexer os teus activos intelectuais! Xuntos aumentaremos a competitividade das pemes galegas e maximizaremos o seu potencial.