A través desta recopilación de vídeos, poderedes coñecer algúns dos servizos que ofrecen os socios que forman parte do consorcio do proxecto EDIH DATAlife.
Se cres que algún pode ser de utilidade para axudarche no teu proceso de dixitalización, non dubides en cubrir o formulario e o equipo porase en contacto contigo.
ANFACO-CECOPESCA
Sensórica baseada en visión hiperespectral ou NIR e software de modelado matemático con desenvolvemento de modelos preditivos e posibilidade de integrar en cloud.
CESGA
Grandes capacidades de computación e soporte especializado e de novas infraestruturas hardware (GPUs).
CETGA
Implantación de cámaras para toma de imaxes RGB que pode combinarse con información procedente de hidrófonos ou con estimación de volumen mediante LiDAR.
CETIM
Desenvolvementos de IoT, investigación en redes de sensores, liña específica de fotónica para investigación en aplicacións de técnicas de óptica e visión artificial e deseño de prototipos a medida de cada proyecto.
EnergyLab
Medición da pegada ambiental e de carbono baseado en captura de datos a través de IoT e monitorización dos consumos nas diferentes fases de produción.
Gradiant
Creación dun modem Narrowband-IoT para unha boa conectividade en medios rurais para recolección de datos.
Televes
Creación de espazos para o desenvolvemento e a validación de solucións IoT na área de saúde e coidados.
USC – CiTIUS
Desenvolvemento de algoritmos baseados en IA e machine learning para a predición de parámetros de calidade do produto e a optimización dos procesos de elaboración e fabricación.