Servizos EDIH DATAlife

O proxecto EDIH DATAlife brinda dous tipos de servizos completamente gratuítos a través dos socios do consorcio. Se eres unha pequena, mediana ou gran empresa, ou unha institución do sector público relacionada cos sectores clave de DATAlife (agro-mar alimentación, bioyecnoloxía, forestal-madeira e saúde-coidados), enche o formulario para recibir os servizos gratuítos que ofrecemos a continuación:

Servizos tecnolóxicos

O proxecto céntrase na implantación de tecnoloxías disruptivas pouco estendidas na actualidade e en fases de validación oe demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública galega.

  • Traza o camiño – Diagnósticos e plans de dixitalización
  • Traza o camiño – Ciberseguridade
  • Creación de espazos de datos sectoriais (DATASpaces)
  • Demolabs
  • Aplicacións de tecnoloxías dixitais – IA, IoT, HPC.

Servizos de ecosistema

Dende o proxecto EDIH DATAlife estamos comprometidos co fomento da innovación, o desenvolvemento e a colaboración no noso ecosistema. A continuación, deixámosvos un pequeno resumo dos servizos máis destacados:

  • Apoio ás políticas de dixitalización sectoriais
  • Mentorización para start-ups e empresas tecnolóxicas
  • Deseño e validación de novos modelos de negocio
  • Consultoría especializada en Propiedade Intelectual
  • Formación
  • Convocatorias abertas

Aproveita estas oportunidades para fortalecer o teu negocio e maximiza o teu potencial!

Enche o seguinte formulario para que o equipo de DATAlife se poña en contacto contigo e che asesore sobre todos os servizos aos que a túa entidade pode acceder en base ás túas necesidades:


Pasos para a obtención de servizos

1

Servizos

Coñece os servizos que che ofrecemos dende EDIH DATAlife: Servizos de ecosistema e Servizos tecnolóxicos
2

Formulario

Enche o formulario para poñerte en contacto co equipo do proxecto
3

Contacto

O equipo porase en contacto contigo e asesorarémosche sobre todos os servizos aos que a túa entidades pode acceder en base ás túas necesidades
4

Execución

Unha vez valoremos as necesidades da túa entidade, guiarémosche ao longo do proceso para que executes o teu obxectivo

Condicións dos servizos

Modalidades de financiamento:

  • Mixta. Os servizos financiados ao 100% pódense xestionar a través da PADIH-EOI, seguindo as condicións establecidas pola Escuela de Organización Industrial (EOI). Estes servizos son gratuítos para as pemes, xa que a EOI contribúe co 50% e o proxecto EDIH DATAlife aporta a outra metade. Non todos os servizos ofrecidos nesta web son susceptibles de financiación por esta vía, enche o formulario e explicarémoscho!
  • Financiación Exclusiva Europea. Grazas á concesión do proxecto EDIH DATAlife, existe a posibilidade de tramitar exclusivamente os servizos a través de dito proxecto. Estes presentan limitacións diferentes aos da PADIH-EOI, as cales se determinarán proximamente. Estes servizos están subvencionados ao 50%, mentres que a outra metade sería aportada pola peme, midcap ou entidade do sector público. Todos os servizos descritos nesta web están financiados polo proxecto.

Enche o formulario para saber máis!

O Hub DIH DATAlife é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Logo Xunta Gain

Suscríbete o noso Newsletter para recibir todas as novas de DATAlife

O Hub DIH DATAlife é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Si tienes un proyecto que puede solucionar estos retos y quieres que valoremos la convocatoria Conecta Hubs de GAIN, contáctanos