Traza o camiño
Traza o camiño
Ensaio e experimentación
Este servizo está destinado a aquelas empresas que queren apoio para deseñar o seu plan de transformación dixital ou mellorar os seus proxectos de dixitalización. Traza o camiño é o servizo que os acompaña, por medio dun diagnóstico, a identificar o seu estado actual e desexado para xerar un plan con recomendacións e accións puntuais para alcanzar o resultado esperado.
As pemes que desexen obter dito servizo obterán unha financiación do 100% a través do proxecto EDIH DATAlife. Si che interesa, cubre o formulario!

En que consiste?

Análise da situación da peme fronte á dixitalización a través dun diagnóstico que evalúe a súa madurez tecnolóxica.

Identificación de procesos de transformación e oportunidades de mellora a través de ferramentas dixitais.

Priorización de actuacións custo/beneficio e proposta de solucións dixitais de alto impacto a curto e medio prazo.

Definición dunha folla de ruta para a posta en marcha das medidas prioritarias de dixitalización concretas.
Consultoras homologadas
Consultoras homologadas para a realización do servizo Traza o camiño que inclúe o diagnóstico de madurez dixital e plans de dixitalización individuais para pemes.