O 5 de xullo, dentro do marco do proxecto EDIH DATAlife, realizouse unha nova mesa sectorial. Destinada a todos os sectores chave do proxecto, tivo como fin mostrar o valor dos espazos de datos e explicar ás entidades a súa utilidade.
Para elo, contamos coa participación de tres profesionais:
- Luis Pérez Freire, Director Xeral de Gradiant, arrancou a xornada cunha Contextualización dos espazos de datos
- Francisca Rubio Berenguel, xerente de Gaia-X España, falounos dos datos dende o punto de vista de GAIA-X: Obxectivos estruturas e proposta de valor
- Lucía Castro Díaz, xerente de DATAlife, pechou a mesa sectorial centrando a súa ponencia nos Espazos de datos dentro do Proxecto EDIH DATAlife