DATAlife asistiu ao III Encontro Nacional de European Digital Innovation Hubs (EDIHs) que se celebrou este ano en Gijón os días 15 e 16 de outubro co fin de fortalecer a unión dos mesmos.
Organizado por AsDIH e DIHGIGAL, este encontro serve para avanzar na coordinación e unificación de criterios para a prestación de servizos ás pemes.
Durante as xornadas de traballo puxéronse en común boas prácticas, experiencias e casos de éxito de colaboracións de diferente tipoloxía entre distintos EDIHs, e profundizouse nas vías de cooperación entre Hubs de distintos territorios.
Os European Digital Innovation Hubs son fiestras únicas que apoian ás empresas e ás organizacións do sector público para responder aos desafíos dixitais e ser máis competitivas. Realízase no marco do programa PADIH, unha convocatoria posta en marcha polo Ministerio de Industria y Turismo (MINTUR), financiada pola Unión Europea (UE) a través dos fondos NextGenerationEU no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia do Goberno de España e xestionada pola Escuela de Organización Industrial (EOI).