O 3 de abril, Gaia-X España e o grupo de traballo de saúde, en colaboración con DATAlife e Gradiant, organiza un evento presencial en Galicia sobre espazos de datos de saúde no CSIEB (Biopolo Sionlla) de 9:00 a 13:30.
Os espazos de datos son ecosistemas onde se poden compartir datos, servizos de Intelixencia Artificial e infraestruturas TIC entre diferentes entidades cun obxectivo e unhas reglas de gobernanza comúns. Actualmente é o pilar fundamental para facilitar e impulsar a economía do dato en calquer sector.
Tanto é así que o Ministerio de Transformación Dixital publicou unha convocatoria para o desenvolvemento de espazos de datos sectoriais por un valor de 150 millóns de euros.
O sector saúde ten especial interese en realizar unha compartición segura e confiable de datos. Polo que nesta sesión centrarémonos en dito sector, explicando en que consisten os espazos de datos e dando detalles da convocatoria.
Presenta os teus casos de uso
Durante a xornada tamén se abrirá un espazo para os asistentes.
Aquí poderanse explicar diferentes tecnoloxías, casos de uso, aplicacións, servizos e tamén as dificultados das súas empresas para obter valor dos datos.
E finalizaremos cun tempo de debate para comentar os resultados.