O 27 de xuño, de 11:00 a 14:00 horas, celebramos o evento anual do proxecto EDIH DATAlife no edificio FEUGA. Durante a xornada amosaremos os resultados obtidos dende o seu inicio, diferentes casos de éxito e os pasos futuros a dar.

Para iso, non só estará presente o equipo DATAlife, pois tamén estarán algúns dos representantes dos socios que forman parte do consorcio que sacaron adiante servizos, formacións e moitas outras accións que eles mesmos contarán.

Teremos a oportunidade de escoitar a diversas entidades que nos amosarán como o proxecto lles axudou a través dos servizos que ofrece. Ademais, se ves ao evento e queres contarnos a túa experiencia traballando co equipo, non dubides en marcalo no rexistro. Faremos unha recopilación de vídeos que, posteriormente, plasmaremos na nosa web.

Finalmente, ofreceremos unhas pinceladas dos pasos que tomaremos nos próximos meses.

Se non queres perderte a oportunidade de coñecer de cerca o traballo que realizamos dentro do proxecto EDIH DATAlife, non dubides en rexistrarte!

Evento completo

 

Axenda