DATAlife participou, o 7 de novembro, na 22 edición de GaliciaTIC que se celebrou na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Nesta nova edición buscaron, unha vez máis, aliñarse coa evolución das TIC, reiterando na creación dun futuro máis próspero, equitativo e respetuoso co medio ambiente. Apostando por mellorar a sostibilidade das inversións e a eficiencia operativa das organizacións.

A xornada centrou a súa atención na Intelixencia Artificial (IA) e as súas inquietudes en canto ao risco e a seguridade, a preocupación por dispor de tecnoloxías sostibles, a enxeñaría de plataformas… Estes e outros moitos temas foron trtados por representantes dos sectores empresariais concernidos e expertos especídifcos nas diferentes materias obxectivo.

DATAlife tivo a oportunidade de formar parte da mesa redonda Retos do sector. Proxectos estratéxicos de Galicia para un territorio intelixente e a súa explotación empresarial. O Hub estivo acompañado de Retegal, Amtega e SARAIVA.

Nesta mesa expuxéronse iniciativas galegas que combinan diferentes tecnoloxías para crear un territorio intelixente, co obxectivo de captar e compartir os datos extraídos para a súa explotación e mellora dos servizos públicos e do texido produtivo galego.