DATAlife estivo en Bruxelas os días 26 e 27 de novembro para asistir á segunda edición do EDIH Network Summit. Este evento reúne aos principais actores da rede de Hubs de Innovación Dixital Europeos (EDIHs), incluíndo representantes de varios grupos de traballo temáticos, autoridades nacionais e grupos de expertos.

O cume tivo como obxectivo proporcionar información de primer nivel sobre temas clave como os desafíos da Intelixencia Artificial (IA), así como facilitar debates en profundidade sobre temas prácticos a través de boas prácticas para a transformación dixital e solucións innovadoras en múltiples áreas:

  • agroalimentación
  • construción
  • ciberseguridade
  • saúde dixital
  • conectividade intelixente

Os asistentes tiveron a oportunidade de participar en talleres, paneis de discusión e sesións de networking deseñadas para fomentar a colaboración e compartir as mellores prácticas. Ademais, contou cunha cerimonia de entrega de premios onde a EDIH Network recoñeceu os casos de éxito máis destacados da rede.

DATAlife tivo a ocasión de atoparse persoalmente con representantes de outros Hubs como o Portugal Blue Digital Hub ou Oost NL e coñecer iniciativas de éxito de outros DIHs. Ademais, tamén tivo lugar a reunión entre todos os EDIHs de España e o Project Officer da Unión Europea (UE), a cal estivo enfocada no tema da IA e o plan de actividades para os próximos meses.