DATAlife, en colaboración con Clúster TIC Galicia, celebra o 6 de febreiro, de 12:00 a 13:00, un webinar onde se explicará ás entidades asistentes que ferramentas teñen á súa disposición para financiar os seus proxectos de transformación dixital.

Conscientes de que algúns proxectos de dixitalización requiren de implementación de produtos ou servizos comerciais e outros de I+D, a xornada centrará a atención nas diferentes fontes de financiación que existen para ambos casos.

O Hub será o encargado de mostrar a carteira de servizos que están a disposición das entidades grazas á financiación obtida a través do proxecto EDIH DATAlife e que está destinada a proxectos de I+D. A maiores, tamén se mencionarán outras axudas como o Kit Dixital ou Innovapeme, entre outras moitas.

Pola súa parte, Clúster TIC Galicia porá o foco no panorama actual de servizos comerciais aos que as entidades poden acceder.

Axenda