O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) abre o prazo para presentar solicitudes ás Axudas destinadas á dixitalización da industria 4.0. Están destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos ou para proxectos de interconexión dixital de procesos das empresas galegas.
Se esta convocatoria che interesa, debes saber que se nos engades como coordinadores do teu proxecto, podes conseguir ata 5 puntos extra na avaliación. Como parte da nosa coordinación, programaremos reunións periódicas cos socios do consorcio, accións de comunicación e consultoría tecnolóxica.
O teu proxecto ten que ser colectivo, ter un orzamento superior aos 50.000 euros e encadrar nestas tipoloxías:
- Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais
- Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolto para o seu ámbito de actividade
Estas axudas cobren toda a cadea de valor dos sectores relacionados con DATAlife coma o biotecnolóxico, forestal-madeira e saúde-coidados. Sen embargo, no ámbito agro-mar-alimentación tan só cubrirán a parte de transformación e non a de produción.